Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Saúde pública e fisioterapia comunitaria
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento da docencia teórica farase un grupo A ou grupo grande. // Enviarase toda a información sobre a docencia e os cambios e recomendacións a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. // Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado, indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus remoto, será necesario concertalas previamente.
Actividades introdutorias O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través dela, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.
Seminario Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento dos seminarios faranse tres grupos B ou grupos medianos. // Enviarase toda a información sobre os seminarios e os cambios e recomendacións a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. // Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus remoto, será necesario concertalas previamente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000