Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Saúde pública e fisioterapia comunitaria
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B1 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que os profesionais e demais persoal das organizacións sanitarias estrutúranse dun xeito uni ou multidisciplinar e interdisciplinar.
B2 Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional e integrar aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
C3 Identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas, familias e comunidade.
C5 Comprender as teorías do aprendizaxe e aplicalas na educación para a saúde e no propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida. Comprender os aspectos psicolóxicos na relación fisioterapeuta-paciente. Identificar os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado.
C10 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
C22 Coñecer e aplicar as guías de boa práctica clínica.
C23 Comprender os conceptos fundamentais da saúde e a función que realiza o fisioterapeuta no sistema sanitario.
C24 Promover hábitos de vida saudables a través da educación para a saúde.
C25 Comprender os factores relacionados coa saúde e os problemas relacionados coa fisioterapia nos ámbitos da Atención Primaria, Especializada e da Saúde Laboral.
C26 Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente aqueles nos que interveña a fisioterapia.
C27 Coñecer e analizar os procesos de xestión dun servizo ou unidade de Fisioterapia.
C28 Coñecer e aplicar os mecanismos de calidade na práctica de fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para o adecuado exercicio profesional.
C29 Coñecer as bases éticas e xurídicas da profesión nun contexto social cambiante.
C30 Coñecer os códigos éticos e deontolóxicos profesionais.
C38 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
D1 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
D3 Recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade
D6 Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
D8 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade mais xusta e igualitaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000