Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Psicoloxía: Aplicacións en ciencias da saúde
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesorado fai unha introdución teórica ao tema a tratar na aula, de maneira expositiva, acompañándose de materiais e prácticas que faciliten a aprendizaxe e internalización dos contidos obxecto de estudo.
Presentación Os estudantes terán que facer en grupo un traballo sobre algún tema da materia, que será establecido polo profesorado. Todos os estudantes deben facer unha exposición do seu traballo na aula.
Traballo tutelado O profesorado explicará o obxectivo xeral do traballo, ademais revisará e supervisará de forma continua e progresiva nos seminarios o seu desenvolvemento
Cartafol/dossier O profesorado explicará as características que debe conter o dossier que presente o alumnado, valorando que coide o formato e estrutura do traballo.
Actividades introdutorias Exposición sobre o desenvolvemento da materia ao longo do cuadrimestre, así como os contidos desta.
Prácticas con apoio das TIC Analízanse e discuten material audiovisual que abordan conceptos ou teorías da materia. O estudante debe entregar un dossier de cada un dos temas da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000