Exercicio terapéutico no tratamento de enfermidades neurodexenerativas e na diversidade funcional
Código
P05M191V01107
Titulación
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
3
OB
1
1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Monge Pereira, Esther
Correo-e
emongepereira@gmail.com
Profesorado
Monge Pereira, Esther
Web
Descrición xeral
Esta materia está enfocada á aprendizaxe dos coñecementos teórico-prácticos que debe de ter un fisioterapeuta especializado en implementar programas de exercicio terapéutico en persoas que padecen as consecuencias dunha disfunción do sistema neuromusculoesquelético.
Abordaranse os beneficios da práctica adecuada de exercicio terapéutico naqueles pacientes con disfuncións neuromusculoesqueléticas, xa que para que esta sexa beneficiosa, debe estar axustada ás capacidades da persoa, respectando as súas limitacións e favorecendo a súa funcionalidade.
Para iso, os/as estudantes adquirirán a formación e o coñecemento que lles permita valorar o estado do paciente e permítalles propor o exercicio axustado ao seu nivel funcional, tendo en conta aquelas prácticas de exercicio que poidan ser contraproducentes. Ademais, adquirirán competencias para guiar a práctica de exercicio terapéutico.