Esta materia é unha materia obrigatoria do 2º curso do Título de Grao de Fisioterapia (impártese no 1º cuadrimestre). Nela estúdase o uso terapéutico da masoterapia (tanto clásica como algunha das modalidades específicas), da termoterapia e da hidroterapia.
Debido aos seus contidos, é importante ter coñecementos previos sobre anatomía, fisioloxía, biomecánica e anatomía palpatoria. Ademais, o seu encadre dentro da Titulación serve ao mesmo tempo para xerar no alumnado, xunto coas outras materias sobre coñecementos básicos xerais e específicos da Fisioterapia, unha base que facilite o desenvolvemento das materias chamadas no plan de estudios como "Fisioterapia en Especialidades Clínicas" e "Estadías Clínicas", en terceiro e cuarto cursos, e que implican a interrelación dos coñecementos de valoración e tratamento básicos e específicos empregados dentro do arsenal dun fisioterapeuta para tratar procesos patolóxicos concretos dentro de cada especialidade clínica: traumatoloxía, reumatoloxía, ortopedia, neuroloxía periférica, xenitourinario...