Guia docente 2024_25
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía humana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Se realizarán dous exames parciais:
Examen parcial 1 (30% da nota): sistema nervoso e músculo-esquelético
Examen parcial 2 (40% da nota): sistemas endocrino, cardiovascular, respiratorio, dixestivo e excretor.
Cada un dos exames estará formado for:
Preguntas obxectivas (as fallas se penalizan)
A suma dos dous exames parciais suporá o 70% de la nota. Para superar un
parcial se deberá obter unha nota mínima de 5 (sobre 10). Se
esixe un mímino de 4 puntos (sobre 10) en cada exame parcial para
superar la materia
70 B1
D1
D2
D5
Traballo tutelado Os temas elaborados enviaranse ao profesor responsable conforme o calendario. Na mesma farase unha exposición de 10 minutos
na que se avaliará: -Calidade da memoria escrita presentada (organización,
redacción, adecuación da bibliografía, enfoque e profundidad axustados ó tema)
-Calidade da presentación oral (adecuación ó tempo, calidade da
información presentada nas figuras, expresión oral, capacidade de
transmisión de información, dominino do linguaxe técnico)
-Respostas ás preguntas expostas
10 B1
D1
D2
D5
Prácticas de laboratorio Asistencia e participación en tódalas prácticas da materia. Para superar a materia é obrigatoria a asistencia a todas as sesións de prácticas e a presentación dun informe individual de cada sesión. 20 B1
D1
D2
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

-AVALIACIÓN CONTINUA: Na avaliación continua, o alumnado realizará unha avaliación parcial unha vez superado o 40% dos contidos teóricos e outra parcial (60% dos contidos) nunha convocatoria ordinaria.

PARCIAL 1-Proba teórica: 30%. Contidos: sistema nervioso e músculo-esquelético. Exame de preguntas obxectivas: 20%. Exame de preguntas de desenvolvemento: 10% PARCIAL 2- Proba teórica: 40% Contidos: aparellos endócrino, cardiovascular, respiratorio, dixestivo e excretor. Exame de preguntas obxectivas: 30% Exame de preguntas de desenvolvemento: 10%.

Total de avaliacións teóricas (parcial 1 + parcial 2): 70%.

Traballo tutelado e exposición oral: 10%

Prácticas de laboratorio: 20%

Para aprobar a materia é necesario realizar todas as actividades propostas. No caso de non completar ningunha delas, a cualificación será 0 e considerarase como tal na nota final.

Para superar a materia esíxese unha nota mínima de 4 (*) en cada un dos exames parciais ou no exame final.

Considerarase non presentado un alumno cando non realice algunha das actividades (exame, seminario, prácticas) previstas no curso.

(*) No caso de que a nota final da parte teórica sexa inferior a 4, a nota obtida será a que figura no expediente da materia (só se terán en conta as notas do resto das actividades se o valor supere o mínimo no exame teórico).

AVALIACIÓN GLOBAL (renuncia á avaliación continua): Neste caso non se realizarán avaliacións parciais, polo que na convocatoria ordinaria o alumnado será avaliado do seguinte xeito:

Avaliacións teóricas: 70% (60% exame de preguntas obxectivas e 10% exame de preguntas de desenvolvemento).

Traballo tutelado e exposición oral: 10%

Prácticas de laboratorio: 20%

O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá comunicalo por escrito seguindo o procedemento establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deberá realizarse na 5a semana de docencia, o que supón que asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciada á avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracións que nela se establezan.

É obrigatoria a asistencia a todas as prácticas e a entrega de informes individuais para superar a materia.

- AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA- RECUPERACIÓN:

 As actividades aprobadas na primeira oportunidade (rrecuperación) dun curso mantéñense para a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade non se poderán recuperar as prácticas e seminarios, só se poderán realizar os exames parciais non superados na primeira oportunidade.

 Considerarase non presentado un alumno cando non realice algunha das actividades (exame, seminario, prácticas) previstas no curso.

 O alumnado que renunciase á avaliación continua e se adhira á avaliación global terá as mesmas porcentaxes de avaliación que na convocatoria ordinaria na modalidade de avaliación global.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000