Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Máquinas eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase a docencia teórica, basicamente mediante avaliación continua, con preguntas curtas ou tipo test e, para os alumnos que non superen a avaliación continua, realizarase un exame final a base de preguntas curtas ou tipo test. A esta parte asígnaselle un peso de tres puntos sobre dez (3/10). Para superar a materia é preciso obter nesta parte un mínimo do 40%, é dicir 1,2/10. 30 B3
C10
D1
D16
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase, basicamente mediante avaliación continua, con exercicios/problemas tipo tarefa e, para os alumnos que non superen a avaliación continua, realizarase un exame final no que se avaliará a destreza na resolución numérica de problemas e/ou exercicios. A esta parte asígnaselle un peso de tres puntos sobre dez (3/10). Para superar a materia é preciso obter nesta parte un mínimo do 40%, é dicir 1,2/10. 30 C10
D2
D6
D14
Resolución de problemas Avaliarase a asistencia activa a clase e os exercicios realizados na mesma e entregados por grupos reducidos de alumnos (3 ou 4). A esta parte asígnaselle un peso de dous puntos sobre dez (2/10). Para superar a materia é preciso obter nesta parte un mínimo do 40%, é dicir 0,8/10. 20
Prácticas de laboratorio Avaliarase A asistencia activa ás prácticas de laboratorio e de simulación na aula de informática e as memorias de prácticas realizadas e entregadas por grupos reducidos de alumnos (2 ou 3). A esta parte asígnaselle un peso de dous puntos sobre dez (2/10). Para superar a materia é preciso obter nesta parte un mínimo do 40%, é dicir 0,8/10. 20 C10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000