Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Definir os conceptos básicos relacionados coas tecnoloxías e os recursos aplicables á tradución multimedia.
  B2 Recoñecer as principais tecnoloxías e recursos dentro da tradución multimedia e a súa conexión con ámbitos como a informática, a terminoloxía, a documentación, a tradución automática ou a internacionalización.
  B3 Identificar as prácticas profesionais do sector da tradución multimedia.
  B4 Diferenciar a tipoloxía de textos multimedia e a súa estrutura e os conceptos básicos da tradución multimedia.
  B5 Demostrar dominio dos conceptos básicos das modalidades da tradución multimedia.
  B6 Diferenciar as características do campo da divulgación especializada.
  B7 Identificar novas tendencias no ámbito da tradución multimedia.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Empregar con destreza as tecnoloxías e os recursos máis relevantes nos contextos profesionais.
  C2 Aplicar as técnicas e estratexias apropiadas para resolver os problemas de tradución.
  C3 Xestionar proxectos de tradución multimedia.
  C4 Aplicar métodos analíticos que permitan obter traduccións de calidade e avaliar a calidade de traduccións existentes atendendo aos distintos contextos culturais.
  C5 Organizar adecuadamente o fluxo de traballo na tradución de contidos multimedia desde o seu inicio ata a súa presentación final.
  C6 Crear produtos accesibles de calidade atendendo aos diferentes contextos culturais.
  C7 Ser capaz de resolver problemas nun entorno interdisciplinar desenvolvendo ao máximo as posibilidades creativas e formais.
  C8 Desenvolver un traballo de investigación que se axuste aos requisitos de forma e contido do discurso académico.
  C9 Defender un traballo de investigación ante públicos especializados e non especializados.
Sinale D Código Competencias
  D1 Manexar os conceptos básicos relacionados coas tecnoloxías e os recursos aplicables á tradución multimedia.
  D2 Identificar os contextos culturais implicados.
  D3 Identificar problemas de tradución.
  D4 Traballar en equipo.
  D5 Cooperar na creación de unha sociedade inclusiva e equitativa.
  D6 Traballar con perspectiva de xénero.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000