Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistema de análise, simulación e validación de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios e preguntas curtas teóricas e de razoamento 40 B1
B3
B4
C19
C20
D2
D9
D10
Práctica de laboratorio Preguntas acerca dos exercicios realizados nas prácticas de laboratorio 20 B3
B4
C19
C20
D2
D9
D10
D17
Proxecto Resolución dun caso realista proposto. 40 B4
D2
D9
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia aprobarase si obtense unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final. Para iso un 40% da nota correspóndese coa resolución de exercicios e respostas a preguntas curtas dos contidos de teoría e prácticas; un 20% conséguese a partir dos exercicios realizados en prácticas de laboratorio; un 40% virá dun proxecto proposto a realizar durante o cuadrimestre. En calquera caso é necesario obter un 30% en cada un do tres apartados expostos anteriormente para aprobar a materia.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000