Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Oficina técnica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2022_23
Materia Oficina técnica Código V12G380V01701
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 4 1c
2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Deseño na enxeñaría
Coordinador/a
Comesaña Campos, Alberto
Iglesias Sánchez, Iván
Bouza Rodríguez, José Benito
Cerqueiro Pequeño, Jorge
Correo-e acomesana@uvigo.es
jcerquei@uvigo.es
jbouza@uvigo.es
ivan.iglesias@uvigo.es
Profesorado
Bouza Rodríguez, José Benito
Comesaña Campos, Alberto
Iglesias Sánchez, Iván
Web
Descrición xeral O obxectivo que se persegue con esta materia é orientar ao alumno na adquisición do coñecemento e as destrezas que lle capaciten para o manexo e aplicación de metodoloxías, técnicas e ferramentas orientadas á elaboración, organización e xestión de proxectos e outra documentación técnica de uso habitual nunha Oficina Técnica, co propósito de que se exercite na realización de actividades similares á realidade da súa futura actividade profesional.
Emprégase un enfoque amplo dos temas da materia, buscando a integración dos coñecementos adquiridos ao longo da carreira e a súa aplicación mediante unha metodoloxía, organización e xestión de distintas modalidades de traballos técnicos, como verdadeira esencia da profesión de enxeñeiro, no marco das súas atribucións e campos de actividade.
Para acadalo, promóvese o desenvolvemento das competencias da materia por medio de metodoloxías activas e técnicas colaborativas. Deste xeito, os contidos expostos en clases teóricas impleméntanse no desenvolvemento das actividades prácticas, orientadas á realidade industrial da profesión, asimilando o emprego áxil e preciso da distinta normativa de aplicación e das boas prácticas profesionais establecidas, apoiándose nas novas tecnoloxías para documentar, elaborar, xestionar e presentar a documentación técnica que corresponda.
O desenvolvemento desta materia incide no contexto multidisciplinar da enxeñaría, buscando integrar os coñecementos adquiridos nas demais materias da titulación, orientados a capacitar ó alumno para proxectar, deseñar e desenvolver produtos complexos (pezas, compoñentes, produtos acabados, etc.), procesos e sistemas da titulación, que cumpran cos requisitos establecidos, empregando algún coñecemento de vangarda de dita titulación, incluíndo ter conciencia dos aspectos sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicos e industriais, así como seleccionar e aplicar métodos de proxecto axeitados.
Capacítase tamén os alumnos para realizar buscas bibliográficas, consultado e empregando con criterio bases de datos e outras fontes de información, para levar a cabo simulación e análise co obxectivo de realizar investigacións sobre temas técnicos da titulación. Os alumnos adquiren tamén a capacidade para recoller e interpretar datos e manexar conceptos complexos dentro da súa titulación, para emitir xuízos que impliquen reflexión sobre temas éticos e sociais.
Finalmente, capacítase ós alumnos para comunicar eficazmente información, ideas, problemas e solucións no ámbito da enxeñería e coa sociedade en xeral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000