Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
Materias
Teoría de estruturas e construcións industriais
Avaliación
Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio

Asistencia e participación activa nas prácticas realizadas, así como entrega da documentación solicitada das mesmas, sempre e cando se acade unha nota mínima de 4'5 puntos sobre 10, entre o exame e os boletíns de problemas. Estableceranse valores mínimos de referencia para o seguimento das prácticas, por debaixo dos cales non se punturá este apartado.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma

(Boletíns de problemas)

Ó longo do curso presentaranse na plataforma FAITIC/TEMA unha serie de boletíns de enunciados de problemas ou propostas de traballos a resolver de forma autónoma por cada alumno. Na referida plataforma indicarase a data tope de entrega dos boletíns e o resto da normativa sobre os mesmos. Os boletíns deberán ser entregados ó seu profesor en tempo e forma para que sexan contabilizados a efectos de puntuación.

Calquera defecto de forma (fora de prazo, ausencia de nome, ...) invalidará o boletín para a sua calificación.

A entrega en tempo e forma da totalidade dos boletíns puntuarase sobre o valor máximo indicado, sempre e cando se acade unha nota mínima no exame de 4'0 puntos sobre 10.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito nas datas establecidas polo centro.

O exame poderá estar dividido en partes de TEORÍA-NORMA e PROBLEMAS, así coma en bloques segundo o temario impartido. Poderá esixirse unha nota mínima en cada bloque ou parte do exame para calcular a nota media.
80

Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnos que renuncien oficialmente á evaluación continua

• Neste caso, a nota obtida no exame representará o 100% da cualificación.

Prácticas de laboratorio

• A parte presencial correspondente a cada práctica se realiza nunha data concreta, polo que non é posible recuperar as faltas de asistencia.
• Excusaranse puntual e excepcionalmente aquelas prácticas non realizadas nas que o alumno presente un xustificante oficial (médico, xulgado,...) debido a razóns inevitables de forza maior.

Resolución de problemas, taballos e exercicios de forma autónoma (boletíns)

• Os formatos de pesentación e a portada cos datos a incluir en cada entrega estarán disponibles na plataforma FAITIC/TEMA.
• Cada exercicio comezará páxina.
• Cada boletín será entregado coa portada normalizada con tódolos datos cubertos (número de boletín, nome do alumno, profesor de prácticas, grupo de prácticas).
• Non se permitirá a entrega de boletíns fora de prazo.
• Só se permitirá o grapado de follas para a copia en papel dos boletíns.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000