Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Tecnoloxía electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas de laboratorio:
As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Unha asistencia mínima do 80%
- Puntualidade.
- Preparación previa das prácticas
- Aproveitamento da sesión
As sesións prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación.
Os alumnos encherán un conxunto de follas de resultados, que entregarán á finalización da mesma. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento.
20 C11
D9
D10
D17
Outras Avaliación de bloques temáticos:
Esta parte apoia o autoaprendizaxe e proporciona realimentación ao alumno. Está pensada para que o alumno valore de forma honesta e obxectiva o nivel de aprendizaxe alcanzado e obteña realimentación achega do mesmo.
Consistirá na realización individual de probas relativas a un bloque temático, que se realizarán, se e posible, por medios telemáticos. As probas consistirán en preguntas tipo test, preguntas de resposta pechada e problemas de análises con resposta numérica.
20 B3
C11
D2
D9
D10
Outras Proba individual:
Consistirá nunha proba escrita de carácter individual e presencial que se realizará ao finalizar o cuadrimestre, nos horarios establecidos pola dirección do centro.
A proba poderá consistir nunha combinación dos seguintes tipos de exercicios:
- Cuestións tipo test
- Cuestións de resposta corta
- Problemas de análise
- Resolución de casos prácticos.
60 B3
C11
D2
D9
D10
Outros comentarios sobre a Avaliación
 Avaliación: 
Todos os alumnos serán avaliados de maneira continua mediante o seguinte procedemento:
 Ao longo do cuadrimestre os alumnos realizarán varias probas parciais e obterán unha nota por cada proba. A nota de parciais (NP) obterase da media das notas das probas. 
Tamén o longo do cuadrimestre os alumnos farán prácticas de laboratorio e obterán unha nota por cada práctica. As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. A nota de laboratorio (NL) obterase da media das notas das prácticas, coas seguintes excepcións: 
a) Se a asistencia ás sesións de prácticas é inferior ao 80% a nota total das mesmas (NL) será cero. 
b) Se a media das notas obtido nas probas parciais (NP) é inferior a 3,33, a nota de laboratorio (NL) será cero.
<p msonormal??="" ""="">Tamén ao longo do cuadrimestre os alumnos realizarán varias probas parciais e obterán unha nota por cada proba. A nota de parciais (NP) obterase da media das notas das probas.
<p msonormal??="" ""="">A cualificación de avaliación continua (CC) calcularase mediante a seguinte fórmula:
 CC = 0,8 x NP + 0,2 x NL 
<p msonormal??="" ""="">Os alumnos poderán optar a que CC sexa a cualificación en actas (CA), sen necesidade de presentarse a ningunha proba adicional, a condición de que se cumpran todos os seguintes requisitos:
<p msonormal??="" ""="">a) Que a nota de parciais (NP) sexa maior ou igual a 6,25 puntos.
<p msonormal??="" ""="">b) Obter en todas as probas parciais un mínimo de 3,75 puntos.
<p msonormal??="" ""="">c) Obter unha nota de laboratorio (NL) maior ou igual que 7 puntos.
<p msonormal??="" ""="">Nas convocatorias de xuño e xullo realizarase un exame final (EF).
<p msonormal??="" ""="">A cualificación en actas (CA) para aqueles alumnos que non queiran ou non poidan optar á nota de cualificación continua farase con arranxo á seguinte fórmula:
 CA = 0,2 x NP + 0,2 x NL + 0,6 x EF 
<p msonormal??="" ""="">Para o presente curso académico consideraranse convalidables as cualificacións de NL e NP obtidas nos dous cursos anteriores, coas seguintes excepcións:
<p msonormal??="" ""="">- Aqueles alumnos que opten por convalidar a NL con menos de 7 puntos non poderán aprobar por avaliación continua, e haberán de realizar necesariamente o exame final (EF). 
<p msonormal??="" ""="">- Aqueles alumnos que convaliden a NP non poderán aprobar por avaliación continua, e haberán de realizar necesariamente o exame final (EF). 
<p msonormal??="" ""="">Aqueles alumnos aos que a dirección do centro lles outorgue a renuncia á avaliación continua serán avaliados, no mesmo día e hora do exame final establecido pola xefatura de estudos, da seguinte forma:
<p msonormal??="" ""="">- A avaliación consistirá en dúas probas: 
<p msonormal??="" ""="">1- Unha proba escrita idéntica ao exame final dos demais alumnos, cunpeso do 70% sobre a nota final e cunha duración máxima de dúas horas. 
<p msonormal??="" ""="">2- Unha proba específica de laboratorio, cunha duración máxima de dúas horas e cun peso dun 30% sobre a nota final. En principio, esta proba específica, realizarase a continuación da proba escrita nos laboratorios de electrónica da sede correspondente.
<p msonormal??="" ""="">En calquera caso é necesario obter unha puntuación final igual ou superior a 5 puntos para aprobar a materia.
<p msonormal??="" ""=""> Recomendacións: 
<p msonormal??="" ""="">É moi importante que o alumno manteña actualizado o seu perfil na plataforma faitic da materia, pois calquera comunicación colectiva relativa á mesma realizarase a través do foro de noticias asociado. As comunicacións individuais realizaranse a través da dirección de correo persoal que figure no seu perfil.
<p msonormal??="" ""="">Os estudantes poderán consultar calquera dúbida relativa as actividades asignadas ao grupo de traballo ao que pertencen nas horas de tutorías ou a través dos medios relacionados no apartado de Atención ao alumno.
<p msonormal??="" ""="">Os estudantes deben cumprir inexcusablemente os prazos establecidos para as diferentes actividades.
<p msonormal??="" ""="">Nas diferentes probas aconséllase aos estudantes que xustifiquen todos os resultados que consigan. A hora de puntualas non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar a solución proposta.
<p msonormal??="" ""="">Recoméndase, na presentación dos diversos exercicios nas memorias de prácticas e nos exames, non presentar faltas de ortografía e caracteres ou símbolos ilexibles, porque afectarán a puntuación final.
<p msonormal??="" ""="">Non se corrixirán os exames aos que lle falte algunha das follas que acompañan ao enunciado.
<p msonormal??="" ""="">Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e cualificación global académico será de suspenso (0.0).
<p msonormal??="" ""=""> Compromiso ético: 
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000