Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e participación activa do alumno nas sesións prácticas. 1 B3
B6
C9
D1
D9
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Avalíanse os coñecementos adquiridos durante as sesións prácticas mediante exercicios e preguntas tipo test 42 B4
B6
C9
D1
D9
D10
Presentación O traballo realizado en pequenos grupos será avaliado a través da súa defensa pública. Terase en conta a información achegada, bibliografía consultada, a estrutura dos contidos, a claridade da presentación e as respostas achegadas no debate final co profesor e o resto do alumnado 7 B4
B6
C9
D1
D5
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno deberá presentar un informe das sesións prácticas que incluirá os resultados obtidos nos ensaios realizados así como as respostas ás preguntas plantexadas. 4 B6
C9
D9
Autoavaliación Resolución dos cuestionarios online propostos, que consistirán en preguntas de verdadeiro e falso e preguntas de opción múltiple. 4 B3
C9
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas Avalíanse os coñecementos adquiridos durante as sesións prácticas con preguntas de resposta curta e tipo test (7%)
De igual modo, no exame final incluiranse preguntas simulares relacionadas cos conceptos vistos durante o curso (35%)
42 B3
B4
C9
D1
D5
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: corresponde ao 30% da nota e farase durante a realización do curso

Exame final (proba escrita): corresponde ao 70% da nota e realizarase na data previamente establecida polo centro.

Para superar a materia: será necesario acadar unha puntuación mínima do 40% no exame final, é dicir, 2,8/7 puntos. Se non se alcanza este mínimo, considerarase a materia como non superada e, aínda que a suma da nota do exame e a de avaliación continua sexa superior a 5, a nota máxima que aparecerá na acta será 4.5 puntos.

Exame de xullo (2ªedición): Terase en conta a avaliación continua (válida só para o mesmo curso académico). O exame terá as mesmas características que a primeira edición e farase na data previamente establecida polo centro. Nesta edición os alumnos, previa comunicación ao profesor coa antelación suficiente, poderán optar por avaliarse sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos que suporá o 100% da nota e deberán alcanzar un mínimo do 50% para superar a materia. 

Renuncia avaliación continua: Aqueles estudantes que non realicen a avaliación continua (con autorización previa da dirección da EEI) serán avaliados no exame final sobre todo o contido teórico e práctico que corresponderá co 100% da nota e acadar un mínimo do 50% para superala materia.

Convocatoria extraordinaria: o exame abarcará todos os contidos teóricos e prácticos da materia, o que suporá o 100% da nota e deberá acadarse un mínimo do 50% para superala materia.

Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non cumpre os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota global deste curso académico será de suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación a non ser que estea expresamente autorizado. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na sala de exames considerarase motivo de non aprobar a materia neste curso académico e a nota global será de suspenso (0,0).

AVISO: Se existisen  discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía prevalecerá o indicado na versión en castelán

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000