Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e participación activa do alumno nas sesións prácticas. 0.5 B3
B6
C9
D1
D9
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Avalíanse os coñecementos adquiridos durante as sesións prácticas mediante exercicios e preguntas tipo test 16 B4
B6
C9
D1
D9
D10
Presentación O traballo realizado en pequenos grupos será avaliado a través da súa defensa pública. Terase especialmente en conta a procura de información, a estruturación do traballo e a claridade da presentación. 8 B4
B6
C9
D1
D5
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno deberá presentar un informe das sesións prácticas que incluirá os resultados obtidos nos ensaios realizados así como as respostas ás preguntas expostas. 1.5 B6
C9
D9
Autoavaliación Resolución dos cuestionarios online propostos, que consistirán en preguntas de verdadeiro e falso e preguntas de opción múltiple. 4 B3
C9
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas A aprendizaxe dos estudantes avaliarase mediante un exame escrito, que constará de preguntas de resposta curta, preguntas tipo test e problemas similares aos expostos durante o curso. 70 B3
B4
C9
D1
D5
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: corresponde ao 30% da nota e farase durante a realización do curso

Exame final (proba escrita): corresponde ao 70% da nota e realizarase na data previamente establecida polo centro.

Para superar a materia: será necesario acadar unha puntuación mínima do 40% no exame final, é dicir, 2,8/7 puntos. Se non se alcanza este mínimo, considerarase a materia como non superada e, aínda que a suma da nota do exame e a de avaliación continua sexa superior a 5, a nota máxima que aparecerá na acta será 4.5 puntos.

Exame de xullo (2ªedición): Terase en conta a avaliación continua (válida só para o mesmo curso académico). O exame terá as mesmas características que a primeira edición e farase na data previamente establecida polo centro. Nesta edición os alumnos, previa comunicación ao profesor coa antelación suficiente, poderán optar por avaliarse sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos que suporá o 100% da nota e deberán alcanzar un mínimo do 50% para superar a materia. 

Renuncia avaliación continua: Aqueles estudantes que non realicen a avaliación continua (con autorización previa da dirección da EEI) serán avaliados no exame final sobre todo o contido teórico e práctico que corresponderá co 100% da nota e acadar un mínimo do 50% para superala materia.

Convocatoria extraordinaria: o exame abarcará todos os contidos teóricos e prácticos da materia, o que suporá o 100% da nota e deberá acadarse un mínimo do 50% para superala materia.

Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non cumpre os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota global deste curso académico será de suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación a non ser que estea expresamente autorizado. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na sala de exames considerarase motivo de non aprobar a materia neste curso académico e a nota global será de suspenso (0,0).

AVISO: Se existisen  discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía prevalecerá o indicado na versión en castelán

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000