Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas e/ou exercicios mediante a aplicación de rutinas, procedementos e fórmulas a partir da información dispoñible. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba con cuestións teóricas e prácticas. 60 B9
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua é o sistema de avaliación principal. Esta consta dos
seguintes elementos:

  • Proba de avaliación intermedia. Esta
    proba será tipo test, desenvolverase no horario do bloque teórico, nunha data
    establecida ao comezo da docencia, e o seu contido será teórico e práctico. Este
    exame representará o 20% da cualificación
    final
    da materia. Esta proba non é recuperable, é dicir, se un/unha alumno/a
    non pode realizala na data estipulada, a profesora non ten a obriga de
    repetila.
  • Prácticas. O cumprimento das
    tarefas desenvolvidas durante as prácticas suporá o 20% da cualificación final da materia. Avaliarase cada práctica
    desenvolvida polo alumno, sendo a nota total de prácticas, a media aritmética
    das notas obtidas nelas. As prácticas non son recuperables, polo tanto, se non
    se asiste a unha práctica, a nota desa práctica será cero.
  • Exame final. O exame que terá
    lugar na data oficial fixada na planificación docente do curso completará o 60% restante da cualificación final.
    IMPORTANTE: É imprescindible neste exame obter unha puntuación mínima de 4,
    nunha escala de 0 a 10, para aprobar a materia. Este exame consta de dúas
    partes, unha parte teórica tipo test e outra práctica que incluirá unha serie
    de exercicios a desenvolver.

2. AVALIACIÓN NON CONTINUA

No caso de estudantes que renuncien expresamente á avaliación continua,
realizarase un único exame, na data oficial fixada na planificación docente do
curso, que dará a posibilidade de obter o 100% da nota. Este exame constará de
dúas partes, unha parte teórica tipo test e outra práctica que incluirá unha
serie de exercicios a desenvolver. IMPORTANTE: É unha condición necesaria,
aínda que non suficiente, para aprobar a materia, obter na parte teórica unha puntuación mínima
de 5, nunha escala de 0 a 10.

3. RECUPERACIÓN DE XULLO

O exame de recuperación de xullo será similar ao exame final. Os/as
estudantes que optaron pola avaliación continua poderán elixir que a nota da
materia sexa o 100% da puntuación obtida neste exame. Para iso, o/a alumno/a
deberá avisar á profesora unha semana, como mínimo, antes do exame.

4. COMPROMISO ÉTICO

Espérase que o/a estudante presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos
electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o/a estudante non
cumpre os requisitos necesarios para aprobar a materia. Neste caso, a nota
global do presente curso académico será un suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000