Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Física III
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada 50 B10
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor 40 B10
C2
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos 10 B10
C2
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. AVALIACIÓN CONTINUA

PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA (40%)

- Cualificación A0 (20%) obterase mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I e II

 - Cualificación L0 (20%) obterase mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1 (10%) e informes de prácticas (ou informes temáticos) sobre os contidos do bloque III.2 (10%). Á cualificación L0 só poden optar alumnos que asistisen regularmente ao laboratorio

EXAME FINAL (60%)

- Realízase na convocatoria de decembro-xaneiro

- Cualificación T1 (30%) obterase mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I e II

 - Cualificación P1 (30%) obterase mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Cualificación global G1 obtense como

G1 = T1 + P1 + L0 + A0

- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5


2. AVALIACIÓN AO FINAL DO CUADRIMESTRE

EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA (40%)

- Realízase o mesmo día que o exame final (decembro-xaneiro)

 - Cualificación A1 (20%) obterase mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I e II

- Cualificación L1 (20%) obterase mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Neste caso a cualificación global G1 obtense como

G1= T1 + P1 + L1 + A1

- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5

 - No caso de que se dispoña xa dalgunha das cualificacións L0 ou A0 (ou ambas), pode escollerse entre:

a) realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1. Neste caso, L1 substitúe e anula a L0 mentres que A1 substitúe e anula a A0

b) utilizar L0 e/ou A0 en lugar de realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1, respectivamente

3. AVALIACIÓN EN SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO-XULLO)

EXAME FINAL (60%)

- Realízase na convocatoria de xuño-xullo

 - Cualificación T2 (30%) obterase mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I e II

- Cualificación P2 (30%) obterase mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II

EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA (40%)

- Realízase o mesmo día que o exame final (xuño-xullo)

- Cualificación A2 (20%) obterase mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I e II

 - Cualificación L2 (20%) obterase mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Neste caso a cualificación global G2 obtense como

G2 = T2 + P2 + L2 + A2

- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación global G2 maior ou igual a 5

- No caso de que se dispoña xa dalgunha das cualificacións L0, L1, A0 ou A1, pode escollerse entre:

 a) realizar a proba correspondente a L2 e/ou A2. Neste caso, cada nova cualificación substitúe e anula á anterior do mesmo tipo (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1, respectivamente)

b) para cada tipo, utilizar a cualificación que xa se ten (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1) en lugar de realizar a proba correspondente (L2 e/ou A2)


4. NOMENCLATURA DE CUALIFICACIÓNS

- L = a máis recente das cualificacións L0, L1 ou L2

- A = a máis recente das cualificacións A0, A1 ou A2

- T = T1 en convocatoria de decembro-xaneiro
(1º edición) ou T2 en convocatoria
de xuño-xullo (2º edición)

- P = P1 en convocatoria de decembro-xaneiro
(1º edición) ou P2 en convocatoria
de xuño-xullo (2º edición)

- G = G1 en convocatoria de decembro-xaneiro (1º edición) ou G2 en convocatoria de xuño-xullo (2º edición)

- En calquera das dúas convocatorias oficiais
obtense a cualificación global como

G =  T +  P +  L +  A

 - Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G maior ou igual a 5


5. NORMAS DE AVALIACIÓN COMPLEMENTARIAS

 - É obrigatorio levar o DNI ou documento identificativo equivalente aos exames

 - Non se permitirá a utilización de ningún
dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización
expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula
de exame será considerado motivo de non superación da materia no
presente curso académico e a cualificación global será "suspenso (0,0)"

- As probas de avaliación e a súa corrección serán realizadas conxuntamente polo colectivo de profesores que imparten a materia

- Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final obterán como cualificación global "non presentado"

- As datas dos exames en cada convocatoria serán as asignadas pola Dirección da E.E.I.

- Tanto os exames da convocatoria fin de
carreira como os que se realicen en datos e/o horarios distintos a os fixados
oficialmente polo centro, poderán ter un formato de exame distinto a o detallado anteriormente, aínda que as cualificacións (L, A, T e P) conservarán o mesmo
valor na cualificación global G.

- Darase a coñecer con suficiente antelación a data e as horas de revisión de exames. Fóra desas horas non será posible, excepto por causas debidamente xustificadas e demostradas


6. COMPROMISO ÉTICO

Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. No caso de que se detectase un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros) considerarase que
o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso
a cualificación global no presente curso académico será "suspenso
(0.0)"

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000