Guia docente 2020_21
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais (Inglés)
 Materias
  Enxeñaría de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase mediante unha proba escrita (preguntas curtas e tipo test) que recolla os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso. 60
Prácticas de laboratorio As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento de prácticas ou de visitas a empresas (individuais ou por grupos)
25
Traballo tutelado Avaliaranse polos informes presentados, e a exposición en clase dos traballos.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN: A avaliación continua realizarase durante o período de impartición da materia segundo os criterios establecidos no apartado anterior.
Na primeira edición para superar a materia será necesario alcanzar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba escrita realizada na data previamente fixada polo centro (http://eei.uvigo.es). En caso de non alcanzarse este mínimo a cualificación corresponderase unicamente coa alcanzada durante a avaliación continua (sen sumar a obtida na proba escrita). Aqueles alumnos que renunciasen oficialmente á avaliación continua serán avaliados cun exame final sobre os contidos de a totalidade da materia, que suporá o 100% da nota.  

SEGUNDA EDICIÓN (exame de xullo): Cando o alumno o solicite dentro dun plazo establecido poderá renunciar a súa calificación da avaliación continua obtida durante o curso. Neste caso, a avaliación  realizarase mediante un exame escrito no que se avaliarán a totalidade dos contidos impartidos na materia, tanto nas clases de teoría como nas clases de prácticas, e que permitirá obter o 100% da avaliación. O exame realizarase na data oficial previamente fixada polo centro (http://eei.uvigo.es). 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: realizarase mediante un exame escrito no que se incluirán os puntos mais relavantes da asignatura, tanto en cuestións teóricas como a través de problemas de resolución numérica, que permitirá obter o 100% da avaliación.

Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000