Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e participación activa no desenvolvemento dos ensaios e actividades prácticas 0.5 B3
B6
C9
D1
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas A aprendizaxe do estudantado neste curso avaliarase mediante un examen escrito que consistirá en preguntas de resposta curta, preguntas tipo test e problemas similares aos realizados durante o curso 70 B3
B4
C9
D1
D5
D9
D10
Autoavaliación Resolución de cuestionarios online a través da plataforma docente, consistentes en preguntas de V/F eelección múltiple 4 B3
C9
D9
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dúas pruobas que consistirán en exercicios prácticos e tests para avaliar a parendizaxe do estudantado nas sesións prácticas. 16 B3
B4
B6
C9
D1
D9
D10
Presentación O traballo en grupo realizado polo estudantado será avaliado a través da súa defensa pública. Valoraránse especialmente a busca de información, a estrutura do traballo e a claridade na presentación. 8 B4
B6
C9
D1
D5
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Será necesario entregar un informe das sesións prácticas no que se inclúan os resultados dos ensaios realizados, así como as respostas ás preguntas formuladas. 1.5 B6
C9
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

A avaliación continua
desenvolverase ao longo do período de impartición da materia, e corresponderá
co 30% da cualificación.

Exame final (proba escrita): corresponde
ao 70% da nota e realizarase na data previamente establecida polo centro.

Para aprobar o curso será necesario: Acadar unha puntuación mínima do 40%
no exame final, é dicir, 2,8/7 puntos.

De non acadarse o mínimo antedito, considerarase a materia como "Non superada". Aínda que a suma da nota obtida no exame escrito e a da avaliación contínua sexa superior a 5, a nota que se refrictirá na acta será como máximo 4,5.

Renuncia a avaliación continua: Aqueles
estudantes que non realicen a avaliación continua (con autorización previa da
dirección de EEI) serán avaliados cun exame final sobre todo a totalidade dos contidos tóricos e prácticos da materia. A cualilficación obtida suporá un 100% da nota, debendo acadarse un mínimo do 50% para superar a materia.

Exame de xullo
(2ª edición): 
Nesta edición, terase
en conta a avaliación continua (válida só no curso académico 2020-21). O exame
terá as mesmas características que a primeira edición e farase na data
previamente establecida polo centro.  Se así o desexa, o estudantado, previa comunicación al
profesor coa antelación suficiente, poderá optar por avaliarse sobre a totalidade doos contidos teóricos e prácticos da materia. A cualificación obtida neste caso, suporá o 100% da nota, debendo acadar un mínimo do 50% para superar a materia 

Convocatoria extraordinaria: o
exame de convocatoria extraordinaria abarcará todos os contidos teóricos e
prácticos da materia. A cualilficación obtida suporá un 100% da nota, debendo acadarse un mínimo do 50% para superar a materia.

Compromiso ético:
espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. En caso de
detectar comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos
electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non
cumpre os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota
global deste curso académico será de: Suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de
ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación a non ser que
estea expresamente autorizado. O feito de introducir un dispositivo electrónico
non autorizado na sala de exames considerarase motivo de non aprobar a materia neste
curso académico e a nota global será de suspenso (0,0).

Aviso: No caso de existiren discrepancias entre os contidos das tres versións lingüísticas desta Guía docente, prevalecerán os contidos da versión en inglés.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000