Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais (Inglés)
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia, participación e informes que se entregan periódicamente 2 B3
B6
C9
D1
D9
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios No exame final incluiranse preguntas de resposta curta. O exame realizarase na data fixada polo centro. 40 B3
B4
B6
C9
D1
D9
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase os exercicios suscitados ao longo do curso (20%).No exame final incluiranse exercicios similares (30%). 50 B3
B4
B6
C9
D1
D9
D10
Traballo Suscitásense traballos ao longo do curso e indicaranse as directrices para a súa elaboración. 8 B3
B4
B6
C9
D1
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

A avaliación continua
desenvolverase ao longo do período de impartición da materia, e corresponderá
co 30% da cualificación.

Exame final (proba escrita): corresponde
ao 70% da nota e realizarase na data previamente establecida polo centro.

Para aprobar o curso será necesario:

1- 
Acadar unha puntuación mínima do 40%
no exame final, é dicir, 2,8/7 puntos.

2- 
Que a suma da avaliación continua e
do exame escrito sexa igual ou superior ao 50%, é dicir, 5/10 puntos.

Se non se
acadaron os mínimos establecidos anteriormente, a nota final do curso será a do
exame escrito.

Renuncia a avaliación continua:

Aqueles
estudantes que non realicen a avaliación continua (con autorización previa da
dirección de EEI) serán avaliados cun exame final sobre todo a totalidade dos contidos tóricos e prácticos da materia, que suporá un 100% da nota. Deberá acadarse un mínimo do 50% para superar a materia.

Exame de xullo
(2ª edición):
Terase
en conta a avaliación continua (válida só no curso académico 2020-21). O exame
terá as mesmas características que a primeira edición e farase na data
previamente establecida polo centro.

Convocatoria extraordinaria: o
exame de convocatoria extraordinaria abarcará todos os contidos teóricos e
prácticos da materia, o que suporá o 100% da nota e deberá acadarse un mínimo
do 50% para superala materia.

Compromiso ético:
espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. En caso de
detectar comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos
electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non
cumpre os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota
global deste curso académico será de: Suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de
ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación a non ser que
estea expresamente autorizado. O feito de introducir un dispositivo electrónico
non autorizado na sala de exames considerarase motivo de non aprobar a materia neste
curso académico e a nota global será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000