Educational guide 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O profesorado guiará ao estudante e resolverá as dúbidas que poidan xurdir en relación cos contidos explicados nas clases teóricas.
Prácticas de laboratorio O profesorado de prácticas guiará ao estudante no desenvolvemento das clases prácticas, aclarando as dúbidas que poidan xurdir, orientándoo para lograro mellor aproveitamento das clases prácticas.
Traballo tutelado No desenvolvemento dos traballos en grupo sobre os temas propostos, o estudiante contará coa orientación e axuda do profesorado.
Probas Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudantado contará co apoio e orientación do profesorado para resolver as dúbidas que xurdan na resolución dos problemas propostos en clase e nos boletíns.
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O profesorado de prácticas orientará ao estudiante na resolución das preguntas e exercicios formulados nas clases prácticas, e axudará na resolución das dúbidas que poidan xurdir na realización dos informes de prácticas.
Autoavaliación O profesor deseñará os test de autoevaluación que o estudante deberá responder ao longo do curso e o orientará na súa execución, solucionando as cuestións técnicas que poidan xurdir.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000