Educational guide 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Realízase unha presentación do curso: contidos, organización, metodoloxías empregadas, calendario e sistema de evaluación.
Préstase especial atención a incentivar a participación do estudantado e a explicar o sistema de atención personalizada.
Lección maxistral Ao longo do curso académico, o profesorado exponrá os principais contidos do curso, estimulando a participación activa do estudantado. Resolveranse exercicios e problemas modelo. Realizaranse tamén actividades manipulativas ou experiencias de cátedra.
Prácticas de laboratorio Realizaranse diversas actividades para a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións expositivas. Levaranse a cabo no laboratorio facendo uso de equipos especializados e seguindo as Normas e estándares aplicables.
Resolución de problemas de forma autónoma Ao longo do curso, ofreceranse a alumnado varios boletíns de problemas e cuestións que deberán resolver por si mesmos, demostrando capacidade de aprendizaxe e de traballo autónomo.
Traballo tutelado O profesorado proporá diversos temas que deberán ser desenvolvidos polo alumnado traballando en pequenos grupos. O profesorado guiará e orientará a súa actividade. O traballo será presentado defendio diante do profesorado e os compañeiros de clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000