Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as sesións teóricas que poderán ser trasladadas ao Campus Remoto da Uvigo parcial ou totalmente

* Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións de clases prácticas serán modificadas en función do aforo dos laboratorios que estableza a EEI, reorganizándose as sesións para manter a distancia de seguridade. Aquelas actividades que poidan seren realizadas de xeito virtual, desenvolveranse a través do Campus remoto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As sesións de titorización do estudantado levaranse a cabo a través dos despachos virtuais do Campus Remoto, aínda que tamén poderá realizarse por outros medios (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC...), sempre tras concertación previa co profesorado.

* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir
Dependendo do momento no que a Universidade active a docencia non presencial ou semi presencial, informarase a o estudantado a través de FAITIC da necesidade de reducir os contidos da parte práctica, en función da organización establecida.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
No caso de que as medidas de seguridade non permitan que o estudantado acceda ás bibliotecas universitarias, aportarase documentación adicional.

* Outras modiificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas
As probas de avaliación continua xa realizadas manterán as ponderacións sobre a nota establecidas na guía docente sen modificación algunha

* Probas pendentes que se manteñen
- As probas de avaliación continua non realizadas seguirán a manter as porcentaxes establecidas na guía docente sen modificación algunha. De ser posible, continuarán a realizarse de xeito presencial, pero no caso en que as medidas de seguridade non o permitan serán substituídas por probas desenvolvidas telemáticamente.

* Probas que se modifican -- - Exame final: A porcentaxe do 70% correspondente á proba final poderá ser modificado dependendo do momento no que se decrete a docencia presencial ou semipresencial, podendo reducirse ata un mínimo do 40%. O estudantado será informado a través de FAITIC do cambio na valoración da proba, así como das novas probas que se levarán a cabo e que se sumarán á avaliación continua. Este exame realizarase, de ser posible, de xeito presencial. De non ser posible, desenvolverase telemáticamente.

* Novas probas
- No caso de reducirse a porcentaxe correspondente ao exame final, realizaranse tests online e/ou exercicios dos diferentes temas da materia a través da plataforma FAITIC que serán valorados cunha porcentaxe igual á redución establecida no exame final. Informarase ao alumnado a través de FAITIC coa antelación suficiente da realización das novas probas e da valoración de cada unha delas.
A suma das porcentaxes das novas probas e a do exame final será sempre do 70%

* Información adicional

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000