Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto de tipo teórico. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 10 B9
C23
C26
D5
D9
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test sobre os contidos da materia. 20 B9
C23
C26
D5
D9
D16
Resolución de problemas Resolución de exercicios prácticos de rexistro contable e análise económico-financieiro da empresa. 70 B9
C23
C26
D5
D6
D8
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua
Para superar a materia por avaliación continua, o aluno/a deberá superar as prácticas e o exame final.
Para superar as prácticas, o alumno/a deberá asistir, e presentar as memorias cando sexa esixido, a aquelas prácticas que sexan
consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesor para poder superar as prácticas. En caso de falta de asistencia ás prácticas obrigatorias, o alumno/a deberá presentar igualmente as memorias correspondentes, e ademais elaborar e aprobar un traballo compensatorio relacionado con cada práctica á que non asistise, indicado polo profesor correspondente.
Ademais, o alumno/a deberá superar o exame final da materia, cunha parte teórica (30% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (70% da nota), composta por un ou varios exercicios.
Previamente ao exame final farase unha proba de seguemento teórica (composta por un test e preguntas de resposta curta),
cara á metade do curso, que será liberatoria, da materia incluída nela, para o exame final. A nota desta proba, de aprobarse, suporá o 15% da cualificación global da materia.

Convocatorias oficiais
O aluno/a terá que presentarse a un exame final, cunha parte teórica (30% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (70% da nota), composta por un ou varios exercicios. O aluno/a que teña superadas as prácticas, e que superase a proba de seguemento teórica intermedia, fará unha proba reducida correspondente á materia restante, cunha parte teórica (15% da nota) e outra práctica (70% da nota).
O aluno/a que teña superadas as prácticas e non superase a proba de seguemento intermedia, fará unha proba reducida correspondente a todo o contido da materia, cunha parte teórica (30% da nota) e outra práctica (70% da nota).
O aluno/a que non supere as prácticas fará unha proba con valor do 100% da nota (30% para a parte teórica e 70% para a parte práctica), con independencia de que superase ou non a proba de seguemento intermedia no seu momento.

Aclaracións
A cualificación final calcularase a partir das notas das distintas probas, tendo en conta a ponderación destas:
Parte teórica: 30%
Parte práctica: 70%
De calquera xeito, para superar a materia é condición necesaria superar todas as partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a 5).
Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a cualificación final será de suspenso.

A modo de exemplo, un aluno/a que obteña as seguintes cualificacións: 8 e 3, estaría suspenso, aínda cando a nota media da un valor
superior a 5, posto que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestes casos, a nota que se reflectirá na acta será "suspenso (4,0)".

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de “suspenso (0,0)”.

Compromiso ético
Espérase que o aluno/a presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o aluno/a non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de “suspenso (0,0)”.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000