Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Materias
Electrónica industrial
Avaliación
Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Avaliación de bloques temáticos:

Os diferentes bloques temáticos da materia serán avaliados de forma continua a través de dous tipos de probas.

1.- Realización individual de probas relativas a un bloque temático, que se realizarán por medios telemáticos e que a súa corrección será automática e inmediata. O prazo de realización e o número de intentos serán limitados. As probas consistirán en preguntas tipo test, preguntas de resposta pechada e problemas de análises con resposta numérica.

2.- Resolución de problemas prácticos e/ou de simulación que se propoñerán ao longo do curso
15
Informes/memorias de prácticas As prácticas avaliaranse a partir da memoria do traballo que terán que entregar os estudantes unha vez rematado o deseño do equipo e comprobando que funciona. Terase en conta o traballo realizado nas diferentes etapas das que consta a práctica 25
Outras Proba individualizada:
Consistirá nunha proba escrita de carácter individual e presencial que se realizará ao finalizar o cuadrimestre, nos horarios establecidos pola dirección do centro.
A proba poderá consistir nunha combinación dos seguintes tipos de exercicios:
- Cuestións tipo test
- Cuestións de resposta corta
- Problemas de análise
- Resolución de casos prácticos

60

Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas para a mellora e a recuperación:

No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira convocatoria,
dispón dunha segunda convocatoria no presente curso académico. A cualificación
final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de
sumar as seguintes notas:

1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na primeira
convocatoria, cun peso do 25% da cualificación final.

2.- A nota obtida nas probas de avaliación dos bloques temáticos na
primeira convocatoria. O peso desta nota é dun 15% da cualificación final.

3.- A nota obtida na avaliación do exame final realizado nesta
convocatoria coa mesma contextualización que na primeira convocatoria. O peso
desta nota é do 60% da cualificación final.

Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha
puntuación final igual ou superior a 5 puntos.

Unha vez rematado o presente curso académico as
notas obtidas no exame final perden a súa validez. A nota obtida nas probas de
avaliación dos bloques temáticos e na avaliación de prácticas manterase agás
que o alumno desexe facelas novamente.

Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua.

Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia á avaliación
continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola dirección do
centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña en función
da disponibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de 10 puntos
cada un. A nota final será a media de ambas as dúas- Para
superar a materia o estudante terá que obter, polo menos, unha nota media
superior a 5 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000