Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Automatización industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Avaliarase en función do
cumprimento dos obxectivos fixados.
10
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en
función do
cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da
preparación
previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta
ponderación
na nota total.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Examen final dos contidos da materia, que incluirá os contidos das prácticas de laboratorio, con
unha puntuación entre 0 e 10 puntos.
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio
establecidas no cuatrimestre. No caso de non superala, realizarase un exame de practicas na segunda convocatoria.
- A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente a Avaliación Continua, realizarase nun exame de
prácticas nas dúas convocatorias.
- Se deberán superar ambas partes (proba escrita e prácticas) para aprobar a materia, obténdose a nota total segundo a
porcentaxe indicada máis arriba. No caso de non superar algunha das partes, aplicarase un escalado as notas parciais, de
forma que a nota total non supere o 4.5.
- No exame final poderá establecerse unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superar o mesmo.
- Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberá examinarse das partes non superadas na primeira
convocatoria, cos mesmos criterios daquela.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000