Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Fundamentos de organización de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test 60
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En todos os casos, en cada proba (teórico-práctica ou de exercicios) debe
alcanzarse un mínimo de 4 puntos para que se poida compensar co resto de notas.
Soamente se poderá compensar unha proba cando o resto das notas estean por
enriba do valor mínimo (4).


Aclaración


A xeito de exemplo, un alumno que teña as seguintes puntuacións: 4, 4 e 7
compensaría as partes coa nota de 4 e superaría a materia. No caso de que as
notas obtidas fosen 3, 4 e 8 non compensa a materia e tampouco compensa a proba
coa nota de 4 (xa que o resto das notas non cumpren a condición do valor mínimo
de 4 puntos). Neste último caso o alumno tería que ir a Xaneiro/Xuño coa proba
reducida ou ampliada, segundo o caso. Sinalar que á hora de facer a media entre
as diferentes partes debe terse en conta a ponderación destas.

 

 

AVALIACIÓN CONTINUA (cualificación sobre 10)


Para superar a materia por Avaliación Continua deben cumprirse os seguintes
puntos:


1. É imprescindible realizar con aproveitamento as prácticas da materia
asistindo a estas e entregando a resolución dos exercicios propostos. Só se
permitirán 2 faltas ao longo de todo o curso, debendo entregarse a resolución
destas.


O comportamento inadecuado nas clases penalizarase coma se fose unha falta.
Unha vez superado o tope das 2 faltas non se poderá aprobar a materia por
avaliación continua.


2. Débense superar (e/ou compensar) todas as probas (teórico-prácticas e de
exercicios).


Os alumnos que superen a Avaliación Continua quedarán exentos das convocatorias
oficiais. Non obstante, poderán presentarse no caso de que queiran optar a maior
nota. No caso de superar a Avaliación Continua e presentarse ás convocatorias
oficiais, a nota final será a que se obteña como resultado de ambas as dúas
probas

 

 

CONVOCATORIAS OFICIAIS (cualificación sobre 10)


Os alumnos que non superasen a avaliación continua e teñan soamente unha parte
pendente poderán recuperar esta unicamente na convocatoria de Xaneiro/Xuño. No
resto dos casos:


a) Aqueles alumnos que desenvolvesen con aproveitamento as prácticas (é dicir,
que asistisen e entregado as resolución destas), realizarán unha proba reducida
cun parte teórico-práctica (60% da nota) e outra de exercicios (40% da nota).


b) Aqueles alumnos que non cumpran a condición das prácticas, realizarán unha
proba ampliada cunha parte teórico-práctica (60% da nota) e outra de exercicios
(40% da nota).


Cualificación final.


A nota final do alumno calcularase a partir das notas das distintas probas
tendo en conta a ponderación destas (probas tipo test 60% e parte de prácticas
40%). En calquera caso, para superar a materia é condición necesaria superar
todas a partes ou ben ter unha media de aprobado sen que ningunha das notas
sexa inferior ao 4 (nota mínima para compensar). Nos casos nos que a nota media
sexa igual ou superior ao valor do aprobado pero nalgunha das partes non se
alcanzase o valor mínimo de 4, a cualificación final será de suspenso. A xeito
de exemplo, un alumno que obtivese as seguintes cualificacións: 5, 9 e 1
estaría suspenso, aínda cando a nota media dá un valor >=5, ao ter unha das
partes por debaixo da nota de corte (4). Nestes casos, a nota que se reflectirá
na acta será de suspendo (4).

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000