Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Instalacións eléctricas II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas en aulas de informática Exposición por parte do profesor das bases teóricas e as directrices dos traballos a desenvolver polo estudante.Presentación e tutoriais dos programas informáticos. Realización de exemplos introductorios sinxelos
Traballos tutelados Os estudantes, de maneira individual elaborarán os documentos precisos para a resolución dos dous traballos propostos sobre as temáticas de alumeado e deseño dunha instalación industrial coa axuda dos programas informaticos sinalados
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia obxecto de estudo, as súas bases teóricas e as lecturas compementarias a realizar polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000