Para cada sesión estableceranse uns obxectivos/entregables concretos, mesmo cando se trate dunha práctica que abarque varias sesións.
Avaliación das sesións prácticas: - Asistencia: 3 puntos
- Participación: 2 puntos
- Formulación do problema e da solución: 2 puntos
- Solución correcta: 3 puntos
A nota de prácticas se garda para a segunda convocatoria se o alumno aprobounas e non renuncia á avaliación continua. Non se garda para outros cursos. Os alumnos que superasen as prácticas durante a avaliación continua poderán aprobar a materia se a nota do exame é de polo menos 3 e a nota media é de polo menos 5. Os alumnos que non superen as prácticas durante a avaliación continua ou renuncien á mesma, deberán superar un exame práctico que só se realizará se superan o exame final (5 puntos sobre 10) en calquera das dúas convocatorias do curso.
Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no presente curso académico será de suspenso (0.0). |