Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Capacidade para deseñar, desenvolver, implementar, xestionar e mellorar produtos e procesos nas diferentes áreas do Enxeñaría biomédica, mediante técnicas analíticas, computacionais ou experimentais apropiadas.
  B2 Capacidade de dirixir actividades relacionadas coa competencia CG1
  B3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  B4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar te trasnmitir coñcecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría biomédica
  B5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos.
  B6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  B7 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  B8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
  B9 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
  B10 Coñecemento, comprensión e capacidade de aplicar lexislacións relacionadas co campo da Enxeñaría Biomédica.
  B11 Recoñecer as responsabilidades éticas e profesionais en situacións de enxeñería biomédica e de emitir xuízos informados, que deben considerar o impacto das solucións de enxeñería biomédica en contextos globais, económicos, ambientais e sociais.
  B12 Operar eficazmente nun equipo multidisciplinar cuxos membros, xuntos, exercen o liderado, crean unha contorna de colaboración e inclusión, establecen metas, planifican tarefas e cumpren obxectivos.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Capacidade para deseñar, implementar e xestionar experimentos adecuados, analizar os seus resultados e sacar conclusións no ámbito da enxeñería biomédica.
  C2 Capacidade para modelizar matematicamente os sistemas e procesos complexos no ámbito da enxeñería biomédica.
  C3 Capacidade para seleccionar e aplicar métodos avanzados de modelado para o deseño e simulación de sistemas biomédicos.
  C4 Coñecemento e capacidade para o deseño e análise de sistemas, sensores e técnicas para diagnóstico, terapia e monitorización.
  C5 Capacidade para desenvolver modelos biomecánicos do sistema musculoesquelético baseados na antropometría do corpo humano e as leis mecánicas do movemento.
  C6 Coñecemento de enxeñería tisular e capacidade para a análise, manexo e deseño de biomateriales con propiedades avanzadas e resposta a estímulos..
  C7 Coñecemento e capacidade para aplicar os principios de xeración de radiación, interacción radiación-materia e ultrasóns.
  C8 Coñecemento e capacidade para coñecer métodos de control e regulación e para aplicar técnicas avanzadas de análise dinámica.
  C9 Coñecemento da fundamentación biofísica, a análise teórica e modelización dos aspectos mecánicos dos fluídos biolóxicos.
  C10 Coñecemento e capacidade para a aplicación dos principios da electroquímica no ámbito biomédico.
  C11 Capacidade para analizar e interpretar os sinais e as imaxes do ámbito da biomedicina.
  C12 Capacidade para xestionar e auditar o desenvolvemento, a produción e a calidade dos produtos sanitarios e capacidade creativa para desenvolver ideas e métodos novos e orixinais na área biomédica.
  C13 Capacidade para identificar as necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñería clínica nos centros sanitarios.
  C14 Capacidade para aplicar o deseño de enxeñería biomédica para producir solucións que satisfagan necesidades específicas @teniendo en cuenta a saúde, a seguridade e o benestar públicos, así como factores globais, culturais, sociais, ambientais e económicos.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D2 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
  D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000