Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Instalacións e Innovación Industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos O proxecto realizado debe plasmarse nunha memoria. Cada alumno participará nunha exposición oral do traballo en inglés ante un tribunal (obrigatoria para superar a materia). 60
CB2
CB3
CE1
CE5
CE7
CE8
CE27
CE31
CT1
CT3
CT4
CT7
CT11
Práctica de laboratorio Realización teórico/práctica do proxecto baixo a supervisión do titor do grupo, que avaliará individualmente a cada alumno segundo o seu desempeño. 30
CE1
CE5
CE27
CE31
CT4
Exame oral Preguntas formuladas por cada un dos estudantes a alunos doutros grupos participantes. 10
CT7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
- Información sobre as probas «Estudo de casos» e «Exame oral»:
Tras a exposición oral de cada grupo, os membros do tribunal formularán preguntas aos poñentes. A continuación, abrirase un turno de preguntas formuladas polos estudantes do auditorio que estén matriculados na asignatura. Ao rematar a sesión completa de exposicións orais, cada alumno debe ter formulado polo menos unha pregunta a alumnos doutro grupo. A pertinencia de ditas preguntas e as respostas dadas serán avaliadas polo tribunal. 

- Na 2ª convocatoria do mesmo curso o alumno deberá examinarse das partes non superadas na 1ª convocatoria.

- Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento
ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a calificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0).
- Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de
exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de suspenso
(0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000