Educational guide 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño de Maquinaria Asistido
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliarase nun exame final/parcial centrado nos conceptos impartidos e problemas correspondentes ao apreso nas clases presenciais e de laboratorio 30 A2
C1
C14
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Capacidade para resolución dos exercicios propostos, calidade dos informes presentados e propostas de solución aos problemas expostos 70 A2
A3
C1
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudiantes deberán acadar unha puntuación igual o superior a 5*, seguindo as seguintes normas:

  • Prácticas de laboratorio. Valorarase:
    • A asistencia ás prácticas de laboratorio, a cualificación dos informes entregados en cada práctica e os traballos supervisados. Terá unha valoración máxima de 7 puntos sobre a nota final. Para ser avaliado nesta sección, o alumno debe asistir a un mínimo do 75% das clases prácticas.
    • Para os estudantes que soliciten renuncia a avaliación continua e acéptena oficialmente, poderán non asistir a prácticas pero deberán completar da mesma forma os traballos propostos para a súa avaliación.
  • Exame. Realizarase un exame cuxo valor será como mínimo 3 puntos da nota final.

* As notas se calcularán tendo en conta unha calificación numérica de 1 a 10 de acordo á lexislación española RD 1125/2003, 5 de setembro, BOE 18 de Septiembre.

------------------------------------------------------------
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000