Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño Industrial
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Deseño Industrial Código V04M141V01314
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 2 1c
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Cerqueiro Pequeño, Jorge
Correo-e jcerquei@uvigo.es
Profesorado
Cerqueiro Pequeño, Jorge
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral O obxectivo que se persegue con esta materia é capacitar ao alumno para o manexo dos métodos, técnicas e ferramentas básicas do deseño industrial e do desenvolvemento de produtos industriais, achegándolles as habilidades para desempeñar o seu labor cun enfoque actualizado e orientado ás necesidades da empresa manufactureira moderna en termos de innovación, competitividade e achega de valor.
Utilizarase na materia un enfoque integrador entre os seus diferentes partes: Deseño de Produto e Deseño Industrial, Técnicas e ferramentas de deseño, Avaliación do deseño e Comunicación do deseño, empregando metodoloxías activas, primando a aprendizaxe práctica e o estudo de casos reais.
Así mesmo, definirase unha aproximación multidisciplinar e colaborativa coas demais materias da orientación, fomentarase o traballo en equipo, seguindo procesos similares aos do exercicio real da profesión, e primarase o compromiso e a participación proactiva dos alumnos nas actividades da materia.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000