Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño de Sistemas Electrónicos Industriais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Ante situacións de Docencia Mixta ou de Confinamiento

* Metodoloxía docente

Lección magistral e resolución de problemas: poderanse impartir presencialmente ou a través de campus remoto, de acordo ás instrucións e recomendaciones do centro

Prácticas de laboratorio: poderanse impartir presencialmente, reducindo o número de prácticas si a capacidade do laboratorio vese diminuída, ou se levarán a cabo traballos de simulación e avaliación de sistemas con follas de cálculo. As prácticas realizaranse de forma individual.

Tutorías: utilizaranse os medios telemáticos dispoñibles na universidade: correo electrónico, despachos virtuales, aulas virtuales, etc.

* Avaliación.

Informe de prácticas: Non hai modificación nas prácticas presenciales. En caso de confinamiento se evaluarán por medio do conxunto de follas de resultados que se entregarán a través de FAITIC.

Exames: Mantense o número de exames, e en caso de confinamiento levaranse a cabo polos medios telemáticos da universidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000