Para a evaluación, o reparto de puntuación será en tres bloques segundo os contenidos da asignatura: # cálculo normativo (3,5 puntos) # proxecto (3.5 puntos) # cálculo FEM (3 puntos). En calquera dos bloques anteriores o alumn@ debe obter un mínimo do 30% da puntuación parcial para superar a asignatura. A evaluación continua será con os exercidos propostos regularmente e o proxecto do alumno, de modo que a cuota de nota do exame pasa o proxecto. Si o alumn@ renuncia oficialmente á evaluación continua, a proba de evaluación (exame) se completará con o proxecto proposto, e o reparto da evaluación será de 50% para o exame.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e
outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso
académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |