Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Cálculo de Máquinas Avanzado
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios e problemas 35 C14
D9
Estudo de casos Resolución de casos realistas propostos. 65 C14
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será feita segundo as puntuacións nos dous bloques de traballo: # cálculo con estándares (35%) # caso-deestudo: proxecto (65%). O alumn@ debe obter polo menos un 35% da puntuación en cada bloque para pasar a avaliación. 

A avaliación continua farase considerando os exercicios e casos-de-estudo entregados. Si calquer alumn@ renuncia (oficialmente) á avaliación continua, a avaliación será feita co exame e os casos-de-estudo. A distribución da avaliación será de 35% para o exame e 65% para os casos-de-estudo.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000