Educational guide 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Máquinas de Fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Medicións en bombas e turbinas de auga, e sistemas de máquinas de desprazamento positivo. Emprego de aire comprimido para estudo de máquinas. 20 A1
A2
C7
C16
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver / cuestiones tipo test
80 C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: representa o 20% da nota. Salvo indicación oficial por parte do centro da renuncia do alumno á avaliación continua, o alumno cursa a materia na devandita modalidade. A nota da avaliación continua non se gardará dun curso escolar a outro para os alumnos repetidores.


Exames parciais: representan o 80% da nota da materia. Para superar a materia será necesario obter un mínimo do 30% da nota en todas e cada unha das partes da materia examinada. Se o alumnado participa nalgunha das probas de avaliación continua ou nos exames parciais, considerase ao alumno como presentado á materia.

A avaliación será continua salvo para os alumnos
que renuncien a ela, nese caso haberá un exame final puntuado sobre 10.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético acomodado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).





Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000