Guia docente 2020_21
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Ampliación de Física
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
--

* Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as metodoloxías (lección maxistral, resolución de problemas e prácticas de laboratorio): na modalidade mixta a actividade docente realizarase combinando docencia presencial con non presencial empregando o Campus Remoto, utilizando a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo. Na modalidade non presencial a actividade docente realizarase unicamente online mediante o Campus Remoto, utilizando tamén a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo. Si fose necesario, poderíanse utilizar outros medios e metodoloxías complementarias para garantir a accesibilidade dos estudantes aos materiais e recursos docentes da materia.

En particular, no caso das prácticas de laboratorio na modalidade mixta as actividades de manexo de equipos e toma de datos por parte do alumnado poden estar sometidas a importantes restricións (debido a limitacións no aforamento do laboratorio, ao uso de equipos de protección persoal, á implementación de medidas especiais de hixiene ou a outros factores). Por este motivo, estas actividades serán substituídas en gran medida por demostracións realizadas por persoal docente en sesións fronte a unha parte dos alumnos do grupo de prácticas. O resto de alumnos do grupo poderá seguir estas demonstracions online mediante medios telemáticos. As actividades de tratamento de datos, que non esixen o manexo de equipos, poden desenvolverse fose do laboratorio (nunha aula, no domicilio, etc.). Na modalidade non presencial, as clases de laboratorio desenvolveranse integramente por medios telemáticos e as actividades de manexo de equipos e toma de datos por parte do alumnado serán substituídas na súa totalidade por demostracións realizadas por persoal docente, que poderá seguirse mediante medios telemáticos. Estas demostracións poderán complementarse con outro material audiovisual específico.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán realizarse indistintamente de forma presencial (sempre que sexa posible garantir a saúde mediante os equipos de protección persoal) ou telemática, ben de forma asíncrona (correo electrónico, foros de FAITIC, etc.) ou mediante cita previa (videonferencia).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán realizarse indistintamente de forma presencial (sempre que sexa posible garantir a saúde mediante os equipos de protección persoal) ou telemática, ben de forma asíncrona (correo electrónico, foros de FAITIC, etc.) ou mediante cita previa (videonferencia).

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
--

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
--

* Outras modificacións
--

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
--

* Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
--

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
Mantéñense os pesos das probas de avaliación continua de aula (A-20%) e de laboratorio (L-20%) así como do exame final de teoría (T-30%) e problema (P-30%). Con todo, poderase introducir unha maior flexibilidade no tipo de preguntas que se poden empregar en cada parte, tal e como se detalla a continuación.

Avaliación continua, parte A, peso 20%. Tipo de avaliación: preguntas de desenvolvemento.
=>
Avaliación continua, parte A, peso 20%. Tipo de avaliación: preguntas obxectivas, resolución de problemas e/ou exercicios e preguntas de desenvolvemento.

Avaliación continua, parte L, peso 20%. Tipo de avaliación: resolución de problemas e/ou exercicios (10%) e informe (10%).
=>
Avaliación continua, parte L, peso 20%. Tipo de avaliación: resolución de problemas e/ou exercicios e preguntas obxectivas (10%) e informe (10%).

Exame final, parte P, peso 30%. Tipo de avaliación: resolución de problemas e/ou exercicios.
=>
Exame final, parte P, peso 30%. Tipo de avaliación: resolución de problemas e/ou exercicios e preguntas obxectivas.

Exame final, parte T, peso 30%. Tipo de avaliación: preguntas de desenvolvemento
=>
Exame final, parte T, peso 30%. Tipo de avaliación: preguntas de desenvolvemento. e preguntas obxectivas.

* Novas probas
--

* Información adicional
--
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000