Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Ampliación de Física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor
40 A1
A3
C7
C10
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada 50 A1
A3
C7
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos 10 A1
A3
C7
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA (40%)

- Cualificación A0 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II

- Cualificación L0 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1 (10%) e
informes de prácticas (ou informes temáticos) sobre os contidos do bloque III.2
(10%). Á cualificación L0 só poden optar alumnos que asistisen regularmente ao
laboratorio

EXAME FINAL (60%)

- Realízase na convocatoria de
decembro-xaneiro

- Cualificación T1 (30%) obterase
mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques
I e II

- Cualificación P1 (30%) obterase
mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Cualificación global G1 obtense
como

G1 = T1 + P1 + L0 + A0

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5

2. AVALIACIÓN AO FINAL DO CUADRIMESTRE

EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA
(40%)

- Realízase o mesmo día que o exame
final (decembro-xaneiro)

- Cualificación A1 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II

- Cualificación L1 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Neste caso a cualificación global
G1 obtense como

G1= T1 + P1 + L1 + A1

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5

- No caso de que se dispoña xa
dalgunha das cualificacións L0 ou A0 (ou ambas), pode escollerse entre:

a)
realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1. Neste caso, L1 substitúe e anula
a L0 mentres que A1 substitúe e anula a A0

b) utilizar L0 e/ou A0 en lugar de
realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1, respectivamente

3. AVALIACIÓN EN SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO-XULLO)

EXAME FINAL (60%)

- Realízase na convocatoria de
xuño-xullo

- Cualificación T2 (30%) obterase
mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques
I e II

- Cualificación P2 (30%) obterase
mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II

EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA
(40%)

- Realízase o mesmo día que o exame
final (xuño-xullo)

- Cualificación A2 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II

- Cualificación L2 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1

CUALIFICACIÓN GLOBAL

- Neste caso a cualificación global
G2 obtense como

G2 = T2 + P2 + L2 + A2

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G2 maior ou igual a 5

- No caso de que se dispoña xa
dalgunha das cualificacións L0, L1, A0 ou A1, pode escollerse entre:

a) realizar a proba correspondente a
L2 e/ou A2. Neste caso, cada nova cualificación substitúe e anula á anterior do
mesmo tipo (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1, respectivamente)

b) para cada tipo, utilizar a
cualificación que xa se ten (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1) en lugar de realizar a
proba correspondente (L2 e/ou A2)

4. NOMENCLATURA DE CUALIFICACIÓNS

- L = a máis recente das cualificacións
L0, L1 ou L2

- A = a máis recente das
cualificacións A0, A1 ou A2

- T = T1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou T2 en convocatoria de xullo (2º edición)

- P = P1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou P2 en convocatoria de xullo (2º edición)

- G = G1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou G2 en convocatoria de xullo (2º edición)

- En calquera das dúas convocatorias
oficiais obtense a cualificación global como

G = T + P + L + A

- Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G maior ou igual a 5

5. NORMAS DE AVALIACIÓN COMPLEMENTARIAS

- É obrigatorio levar o DNI ou
documento identificativo equivalente aos exames

- Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación
global será "suspenso (0,0)"

- As probas de avaliación e a súa
corrección serán realizadas conxuntamente polo colectivo de profesores que
imparten a materia

- Aqueles alumnos que non se
presenten ao exame final obterán como cualificación global "non presentado"

- As datas dos exames en cada
convocatoria serán as asignadas pola Dirección da E.E.I.

- Tanto os exames da convocatoria fin
de carreira como os que se realicen en datos e/o horarios distintos a os
fixados oficialmente polo centro, poderán ter un formato de exame distinto a o
detallado anteriormente, aínda que as cualificacións (L, A, T e P) conservarán
o mesmo valor na cualificación global G.

- Darase a coñecer con suficiente
antelación a data e as horas de revisión de exames. Fóra desas horas non será
posible, excepto por causas debidamente xustificadas e demostradas

6. COMPROMISO ÉTICO

Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou
outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será "suspenso (0,0)"

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000