Sinale A
|
Código |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
|
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
|
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
|
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
|
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
|
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
Sinale B
|
Código |
Coñecementos |
|
B1 |
CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, que teñan por obxecto, dentro do campo de Electrónica Industrial e Automática, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización. |
|
B2 |
CG2 Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia CG1. |
|
B3 |
CG3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
|
B4 |
CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e capacidade para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial no campo de Electrónica Industrial e Automática. |
|
B5 |
CG5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos. |
|
B6 |
CG6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. |
|
B7 |
CG7 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas. |
|
B8 |
CG8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade. |
|
B9 |
CG9 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións. |
|
B10 |
CG10 Capacidade para traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar. |
|
B11 |
CG11 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial. |
|
B12 |
CG12 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería Industrial no campo de Electrónica Industrial e Automática de natureza
profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos. |
Sinale C
|
Código |
Habilidades |
|
C1 |
CE1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
|
C2 |
CE2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
|
C3 |
CE3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría. |
|
C4 |
CE4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e as súas aplicacións na enxeñaría. |
|
C5 |
CE5 Capacidade para a visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador. |
|
C6 |
CE6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa e marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. |
|
C7 |
CE7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría. |
|
C8 |
CE8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos. |
|
C9 |
CE9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais. |
|
C10 |
CE10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas. |
|
C11 |
CE11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica. |
|
C12 |
CE12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control. |
|
C13 |
CE13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos. |
|
C14 |
CE14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais. |
|
C15 |
CE15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación. |
|
C16 |
CE16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade. |
|
C17 |
CE17 Coñecementos aplicados de organización de empresas. |
|
C18 |
CE18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos. |
|
C19 |
CE19 Coñecemento aplicado de electrotecnia. |
|
C20 |
CE20 Coñecemento dos fundamentos e aplicacións da electrónica analóxica. |
|
C21 |
CE21 Coñecemento dos fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microprocesadores. |
|
C22 |
CE22 Coñecemento aplicado de electrónica de potencia. |
|
C23 |
CE23 Coñecemento aplicado de instrumentación electrónica. |
|
C24 |
CE24 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos, dixitais e de potencia. |
|
C25 |
CE25 Coñecemento e capacidade para a modelaxe e simulación de sistemas. |
|
C26 |
CE26 Coñecementos de regulación automática e técnicas de control e a súa aplicación á automatización industrial. |
|
C27 |
CE27 Coñecementos de principios e aplicacións dos sistemas robotizados. |
|
C28 |
CE28 Coñecemento aplicado de informática industrial e comunicacións. |
|
C29 |
CE29 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial. |
Sinale D
|
Código |
Competencias |
|
D1 |
CT1 Análise e síntese. |
|
D2 |
CT2 Resolución de problemas. |
|
D3 |
CT3 Comunicación oral e escrita de coñecementos. |
|
D4 |
CT4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira. |
|
D5 |
CT5 Xestión da información. |
|
D6 |
CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo. |
|
D7 |
CT7 Capacidade para organizar e planificar. |
|
D8 |
CT8 Toma de decisións. |
|
D9 |
CT9 Aplicar coñecementos. |
|
D10 |
CT10 Aprendizaxe e traballo autónomos. |
|
D11 |
CT11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
|
D12 |
CT12 Habilidades de investigación. |
|
D13 |
CT13 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega |
|
D14 |
CT14 Creatividade. |
|
D15 |
CT15 Obxectivación, identificación e organización. |
|
D16 |
CT16 Razoamento crítico. |
|
D17 |
CT17 Traballo en equipo. |
|
D18 |
CT18 Traballo nun contexto internacional. |
|
D19 |
CT19 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
|
D20 |
CT20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
|