Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Avaliación por parte do titor das competencias desenvolvidas polo alumno no traballo experimental e na redacción da memoria final, de acordo con criterios establecidos e publicados previamente 30
Traballos e proxectos Avaliación por parte dun tribunal de 5 membros das competencias do alumno a través dunha exposición pública do traballo realizado e a súa posterior defensa, de acordo con criterios establecidos e publicados previamente 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O Traballo Fin de Grao ríxese pola normativa aprobada na Xunta de Facultade e publicada na páxina web do centro.
A Comisión Académica do Traballo Fin de Grao, con anterioridade ao comezo do traballo, fará públicos os criterios de avaliación que utilizarán tanto o titor para emitir o seu informe como o tribunal para avaliar a memoria do traballo e a súa defensa.
Igualmente, a Comisión Académica do Traballo Fin de Grao fará públicos todos os prazos que atinxen a presentación das memorias, as defensas, a presentación dos informes polos titores, etc.
Toda a información xerada pola Comisión Académica estará a disposición dos alumnos ben na plataforma Tem@, ben na páxina web do centro.
No caso de que un alumno supere a avaliación do titor e non supere o Traballo Fin de Grado, o tribunal de avaliación emitirá un informe xustificativo. Unha vez atendidas as recomendacións do informe, o devandito alumno poderá volver a presentar o Traballo Fin de Grado no periodo de avaliación de xullo.

A mención "NON PRESENTADO" otorgarase só no caso que o alumno asista a menos do 10 % do tempo presencial de traballo experimental.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000