Guia docente 2018_19
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Prácticas externas: Prácticas en empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas externas Na avaliación terase en conta a valoración do desempeño do alumno realizada polo titor na empresa e o seguimento realizado polo titor académico. 80
Informe de prácticas externas Ao concluír as prácticas, os alumnos deberán entregar ao seu titor académico unha memoria final para ser avaliada. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

* Esta materia rexerase polo establecido na Normativa de Prácticas Externas do Grao en Química.

* Os titores académicos realizarán a avaliación global das prácticas externas considerando:

(70%) O informe realizado polo titor da empresa (impreso D5 da Universidade de Vigo) no que valorará aspectos relacionados coas prácticas realizadas polo alumno: puntualidade, asistencia, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo e integración na empresa, calidade do traballo realizado, etc.

(20%) A memoria explicativa que deben realizar os estudantes á conclusión das práticas na que deberán figurar, entre outros, unha descrición concreta e detallada das tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade aos que estivo asignado, unha relación dos problemas expostos e o procedemento seguido para a súa resolución, o nivel de integración dentro da empresa e as relacións co persoal e unha reflexión sobre a adecuación dos ensinos recibidos durante os estudos de Grao para o desempeño da práctica (ver apartado 3 do artigo 8 da Normativa de Prácticas Externas).

A memoria deberá ter unha extensión mínima de 10 e máxima de 20 páxinas de tamaño A4, incluíndo portada, índice e anexos. Recoméndase marxes mínimas de 2 cm, tamaño de letra de 12 puntos, interlineado sinxelo e xustificado de parágrafo. As táboas e figuras se numerarán de forma consecutiva a medida que aparezan no texto e incluirán un breve encabezado describindo o seu contido.

(10%) A valoración do titor académico da aptitude e actitude do estudante durante o desenvolvemento das actividades realizadas.

* O titor académico reflectirá o resultado da avaliación global no impreso D7 da Universidade de Vigo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000