Guia docente 2015_16
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química analítica III
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Nas clases de seminario profundarase nos contidos explicados durante as sesións maxistrais, levándose a cabo a discusión de diversos casos prácticos, e reforzándose a aprendizaxe do temario. Tamén levará a cabo a realización de exercicios teórico-prácticos e a resolución de problemas numéricos.
Traballos tutelados Unha vez explicados os contidos dos temas 1-3, proporcionarase ao alumno traballos que tratarán sobre un caso práctico publicado nunha revista científica de educación. Unha vez estudado o traballo, o alumno deberá responder a un cuestionario de preguntas proporcionado polo profesor.
Resolución de problemas e/ou exercicios As clases de resolución de problemas e exercicios complementan e reforzan os coñecementos teóricos adquiridos a partir das clases maxistrais. Os boletíns de problemas e exercicios poranse a disposición do alumno na plataforma tema con suficiente antelación.
Sesión maxistral O profesor desenvolverá os contidos do programa a partir do material proporcionado ao alumno a través da plataforma tema. Nas sesións maxistrais, o profesor presentará os aspectos fundamentais da materia que deberán complementarse mediante a bibliografía recomendada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000