Traballos tutelados |
Unha vez explicados os contidos dos temas 1-3, proporcionarase ao alumno traballos que tratarán sobre un caso práctico publicado nunha revista científica de educación. Unha vez estudado o traballo, o alumno deberá responder a un cuestionario de preguntas proporcionado polo profesor. |
Sesión maxistral |
O profesor desenvolverá os contidos do programa a partir do material proporcionado ao alumno a través da plataforma tema. Nas sesións maxistrais, o profesor presentará os aspectos fundamentais da materia que deberán complementarse mediante a bibliografía recomendada. |