Guia docente 2014_15
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Enxeñaría química
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Introdución á química Orixe, concepto e evolución da Ingeniería Química. Operación discontinua, continua e semicontinua. Réxime estacionario e non estacionario. Operación en corrente directa, contracorriente e corrente cruzada. Clasificación das operacións unitarias. Sistemas de unidades.
Tema 2. Balances de materia e enerxía Ecuación xeral de balance. Balances de materia en sistemas sen reacción química en réxime estacionario e non estacionario. Recirculación, purga e bypass. Balances de materia en sistemas con reacción química en réxime estacionario e non estacionario. Balances de enerxía. Balances de enerxía sen reacción química en sistemas pechados e abertos. Balances de enerxía en sistemas con reacción química en réxime estacionario.
Tema 3. Deseño de reactores ideais Velocidade de reacción. Reactores ideais: reactor descontinuo de mestura completa. Reactor continuo de mestura completa. Reactor contínuo de fluxo en pistón.
Tema 4. Transmisión de calor Mecanismos de transmisión de calor. Condución de calor a través de paredes planas, cilíndricas e esféricas. Intercambiadores de calor.
Tema 5. Destilación Equilibrio líquido-vapor. Diagramas de fases para mesturas binarias. Destilación simple: destilación flash e destilación diferencial. Rectificación.
Tema 6. Extracción líquido-líquido Equilibrio líquido-líquido de sistemas binarios e ternarios: curva binodal e rectas de reparto. Extracción líquido-líquido en contacto directo. Extracción líquido-líquido en contracorriente. Equipos de extracción líquido-líquido.
Prácticas de laboratorio Determinación experimental de propiedades de interese desde o punto de vista do deseño de operacións básicas: viscosidad, coeficientes de convección, densidad.Determinación de cinéticas de reacción e operación con reactores químicos a escala de laboratorio. Determinación experimental de curvas de equilibrio entre fases. Ánálisis da capacidade de extracción de varios disolventes nun proceso de extracción sólido-líquido.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000