Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Determinación estrutural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais poderáselles pedir aos alumnos a resolución de cuestións sinxelas que deberán entregar e serviran para a avaliación. 5
Prácticas en aulas de informática Na aula de informática pediráselles aos alumnos que resolvan unha estrutura problema e que presenten os datos de forma adecuada. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas clases presenciais pediráselles aos alumnos entregables coa resolución de problemas e/ou exercicios que servirán para a avaliación dos alumnos 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Haberá dúas probas curtas ao longo do periodo lectivo de 1-1'5 horas de duración nas que se pedirá a obtención de información estrutural a partires de un ou mais espectros. Cada proba conta a metade do total. 45
Traballos e proxectos Os alumnos terán que realizar un pequeno proxecto proposto polos profesores de tipo multidisciplinar. Os resultados terán que ser presentados nunha memoria escrita con formato de artigo científico. Ademais, poderase pedir que fagan unha exposición oral dos resultados. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia o profesor debe dispor en tempo e forma dun mínimo do 80% dos entregables propostos nas distintas actividades presenciais.

Sera necesario sacar 3 puntos sobre 10 nas probas curtas para poder ter en conta na cualificación final o resto de elementos de avaliación. No caso de non acadalo, en acta figurará o resultado das probas curtas.

Un alumno que realize mais do 20% do traballo total planificado será cualificado de acordo coa lexislación vixente e, polo tanto, non poderá figurar na acta NON PRESENTADO. En calquera caso, a realización dunha das probas curtas, suporá a cualificación da materia.

Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán facer unha proba escrita no periodo de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Dita proba terá un valor do 45% da nota e substituirá aos resultados das dúas probas curtas realizadas durante o periodo lectivo. A cuallificación dos entregables (das actividades presenciais) e o traballo/proxecto non son recuperables.

A cualificación final dos alumnos aprobados poderá ser normalizada de xeito que a cualificación mais alta poda ser de ata 10 puntos.

A
partir dos resultados dos diferentes problemas, exercicios e traballos
propostos avaliaranse as competencias específicas da titulación A8, A19, A20, e
A24 de maneira explícita e as competencias específicas A4 e A12 de maneira
implícita.

A partir do traballo final do curso xunto con outro material escrito entregado avaliaranse explícitamente as competencias B1, B4, B5, B9, B12, B14 e B16. Acompañando á documentación do curso na plataforma Tem@, poñerase a disposición dos alumnos un documento cos criterios que se utilizarán para avaliar as devanditas competencias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000