Guia docente 2015_16
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Puntúanse aquí xunto co esforzo e a actitude, as destrezas e as competencias desenvolvidas polo alumno durante a realización das distintas prácticas.
ata 12,0 C3
C6
C8
C19
C20
C21
C22
C27
C28
D1
D4
D5
D6
D7
D8
D12
D13
D14
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Serán propostos "Problemas Avaliables" ou outros traballos que o alumno deberá resolver ou realizar autónomamente e entregará. E unha actividade voluntaria ata 7 C3
C8
C19
C20
C22
C23
D1
D3
D4
D5
D6
D9
D12
D13
D14
D15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba escrita global (3,5 horas de duración) ao final do cuadrimestre, na data fixada pola Xunta de Facultade. como mínimo 45,5 C3
C8
C19
C20
C22
D1
D3
D6
D9
D12
D14
D15
Informes/memorias de prácticas Teranse en conta os aspectos formais relativos á organización, uso correcto das unidades, confección correcta das gráficas e exposición dos resultados. Valorarase tamén a análise crítica destes e a obtención de conclusións. ata 6,0 C3
C6
C8
C19
C20
C22
C23
C27
C28
C29
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D12
D14
Probas de resposta curta Realización ao longo do cuadrimestre, nas datas fixadas pola Xunta de Facultade, de dúas probas curtas (aproximadamente 1,5 horas de duración) de carácter non liberatorio. ata 14 C3
C8
C19
C20
C22
D1
D3
D6
D9
D12
D14
D15
Probas de tipo test Ao rematar cada tema ou grupo de temas o alumno terá, a través da plataforma TEM@, a posibilidade de respostar un "test de autoavaliación" autocorrixible. ata 3,5 C3
C8
C19
D3
D4
D6
D7
D9
D12
D14
D15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Esta proba escrita realizarase na data fixada pola Xunta de Facultade e versará sobre os coñecementos e destrezas que o alumno debe ter adquirido durante o desenvolvemento das sesións de prácticas. As preguntas situaranse, nalgúns casos, no contexto dalgunhas das experiencias realizadas polo alumno e, noutros, terán un ámbito máis xeral. A través das devanditas preguntas avaliarase a súa capacidade para resolver os problemas presentados. ata 12,0 C3
C6
C8
C19
C21
C22
C28
C29
D1
D3
D4
D6
D7
D9
D12
D13
D14
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación do curso realizarase fundamentalmente dun xeito continuado tendo en conta os aspectos mencionados mais arriba, e distinguindo entre a parte teórica e a parte práctica da asignatura.

Parte Teórica:

A avaliación da parte teórica contribuirá, no seu conxunto (probas curtas (20%), proba longa (65%), resolución de problemas/traballos (10%), test de autoavaliación (5%)), un 70% á cualificación final da materia. E requisito imprescindible para superar a materia obter na proba longa unha cualificación mínima de 4,0 sobre 10,0 puntos. No caso de non acadar dita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será únicamente a cualificación deste exame, non contabilizándose ningún dos demais apartados. Debe subliñarse que a proba longa ten un 65% de valor como mínimo, xa que a participación o resto das actividades avaliables na parte teórica da asignatura é recomendable, pero voluntaria. E dicir, os estudiantes poden optar por presentarse exclusivamente o exame final e ser avaliados da parte teórica únicamente por ese exame, que daría nese caso o 100% da cualificación da parte teórica.

Parte Práctica:

A avaliación da parte práctica contribuirá, no seu conxunto (prácticas de laboratorio (40%), informes (20%) e proba escrita de prácticas (40%)), un 30% á cualificación final da materia. E requisito imprescindible para superar a materia obter, na parte práctica, unha cualificación mínima de 5,0 sobre 10 puntos. No caso de non acadar dita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será unicamente a do 75% desta parte práctica (no caso de terse superada a cualificación mínima de 4,0 puntos na proba longa).

A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria e, polo tanto, non é posible aprobar a materia no caso de non terse realizado.

A realización das duas probas curtas, ou da proba escrita de prácticas, ou da proba longa ou a asistencia a mais de cinco sesións de laboratorio, implicará a condición de “presentado/a” e, polo tanto, a asignación dunha cualificación.

Segunda Oportunidade:

Para a avaliación na segunda oportunidade, manteranse as cualificacións e as porcentaxes das probas curtas, dos problemas/traballos propostos, das prácticas de laboratorio e os correspondentes informes e dos test de autoavaliación. No caso de ter unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos na proba global (longa) ou igual ou superior a 4,0 na proba escrita de prácticas, manterase dita cualificación (e a porcentaxe) e só será necesario realizar a outra.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000