Guia docente 2016_17
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Métodos numéricos en química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Ó final das sesións nas aulas de informática, o alumno resolverá algúns exercicios do mesmo tipo que os dos realizados na aula. 25 C19
C22
C29
D6
Probas de tipo test Durante o curso realizaranse alomenos tres probas parciais curtas tipo test e tipo práctico que contarán un 25 por cen na cualificación final. Ademais, nunha proba final, realizarase outra proba tipo test de tódala materia que contabilizará outro 10 por cen na cualificación final. 35 C19
C22
C29
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Ó finalizar o curso realizaráse unha proba práctica resolvendo algúns exercicios prácticos na aula de informática 30 C19
C22
C29
D6
Traballos e proxectos Participacion con aproveitamento en todas as actividades propostas polo profesorado, sexan estas para realizar dentro ou fóra da aula. 10 C19
C22
C29
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que non superen a
materia na convocatoria ordinaria e pretendan facelo na convocatoria
extraordinaria, manterán as cualificacións obtidas durante o curso en cada un
dos apartados anteriores, salvo as cualificacións das probas prácticas de informática, que poderán ser recuperadas, e
as dúas probas realizadas ó final de curso que serán avaliadas no exame
correspondente. Neste caso, o alumno ten que poñerse en contacto co profesor con suficiente antelación para acordar o traballo a realizar antes das probas finais.













A participación do
estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
“presentado” e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse
actos de avaliación a asistencia ás prácticas de informática (catro ou mais), a realización dalgunha proba ou a entrega dun mínimo do 25% dos problemas ou exercicios encargados
polo profesor.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000