Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química analítica I
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: aspectos principais da terminoloxía química, nomenclatura, conversións e unidades
A2 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: tipos de reacción química e as súas principais características asociadas
A4 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: fundamentos e ferramentas utilizadas na resolución de problemas analíticos e na caracterización de sustancias químicas
A17 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: metroloxía dos procesos químicos, incluíndo a xestión da calidade
A18 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principios de Electroquímica
A19 Aplicar os coñecementos e a comprensión á resolución de problemas cuantitativos e cualitativos de natureza básica
A20 Avaliar, interpretar e sintetizar datos e información química
A21 Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación
A25 Manexar con seguridade sustancias químicas, considerando as súas propiedades físicas e químicas, incluíndo a valoración de calquera risco específico asociado co seu uso
A26 Realizar procedementos habituais de laboratorio e utilizar a instrumentación en traballos sintéticos e analíticos
A28 Interpretar datos derivados das observacións e medicións do laboratorio en termos do seu significado e relacionalos coa teoría adecuada
A29 Demostrar habilidades para os cálculos numéricos e a interpretación dos datos experimentais, con especial énfase na precisión e a exactitude
B1 Comunicarse de forma oral e escrita en polo menos unha das linguas oficiais da Universidade
B3 Aprender de forma autónoma
B4 Procurar e administrar información procedente de distintas fontes
B5 Utilizar as tecnoloxías da información e das comunicacións e manexar ferramentas informáticas básicas
B6 Manexar as matemáticas, incluíndo aspectos tales como análise de erros, estimacións de ordes de magnitude, uso correcto de unidades e modos de presentación de datos
B7 Aplicar os coñecementos teóricos á práctica
B9 Traballar de forma autónoma
B12 Planificar e administrar adecuadamente o tempo
B14 Analizar e sintetizar información e obter conclusións
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000