Educational guide 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valoración das competencias transversais: B1, B4, B8, B12, B14 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a asistencia e a participación do estudante nos seminarios, onde fundamentalmente se resolverán problemas e cuestións relacionadas coa materia explicada na clase maxistral.
Valorarase a entrega por parte do alumno dunha memoria que conteña resoltos os problemas e/ou exercicios propostos nun tempo/condicións establecido/as polo profesor.
30
Outros Valorarase a entrega por parte do grupo de traballo dunha memoria curta no que se expoñerán os contidos propostos. Específicamente valorarase a calidade dos contidos, a concreción, a correcta expresión, presentación adecuada, limpeza e un uso correcto da información bibliográfica.
Esa memoria se avaliará cun 5% da nota global.
A claridade, organización e expresión adecuada utilizando as ferramentas que se consideren oportunas na presentación/exposición serán avaliadas cun 5%.
10
Probas de tipo test Realizaranse dúas probas parciais (25% da nota final cada unha) e uha proba final (50% da nota final) da totalidade da materia para os que non superasen todas as probas parciais.
Precisarase, para unha evaluación positiva, superar unha nota minima de 5/10 en cada unha das probas parciais ou na proba final.
Estas probas versarán sobre aspectos concretos teórico-prácticos dos contidos da asignatura.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia o alumno debe obter unha nota mínima de 3/10 nos
entregables propostos nas distintas actividades presenciais, exceptuando
os traballos tutelados que valoran as competencias transversais.

Un alumno que realice mais do 20% do traballo total planificado será cualificado de acordo coa lexislación vixente e, polo tanto, non poderá figurar na acta NON PRESENTADO. En calqueira caso, a realización dunha das probas curtas, suporá a cualificación da materia.

A cualificación final mínima para superar a materia é de 5 puntos sobre 10. Reproducir traballos ou copiar nos diversos items avaliados suporá a non superación da asignatura.


Valorarase moi positivamente a asistencia e participación nas leccions maxistrais e os seminarios. Así como a participación e interaccion entre profesor-alumno, os alumnos entre sí, etc, ao longo de todo o periodo de aprendizaxe.

Convocatoria de Xullo: Manterase a puntuación acadada no curso en cada un dos apartados entregables. Realizarase una proba final de TODA a materia (50% do valor da nota global).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000