Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados O estudantado de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre un tema ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Trátase dunha actividade deseñada e levada a cabo polo equipo docente do curso para avaliar as competencias transversais.
Sesión maxistral Nestas clases presentaranse os aspectos xerais dos contidos da asignatura de forma estruturada, facendo especial énfase nos fundamentos e aspectos máis importantes ou de difícil comprensión para o alumnado. Para isto o/a profesor/a facilitará a través de fotocopias e da plataforma Tem@ o material necesario.
Recoméndaselle ao alumno/a que traballe previamente o material entregado polo/a profesor/a e consulte a bibliografía recomendada para completar a información, co fin de seguir as explicacións dos contidos do programa con maior aproveitamento.
Resolución de problemas e/ou exercicios Nos seminarios adicarase unha hora á resolución, por parte do alumnado, dalgúns problemas ou exercicios propostos relacionados coa materia.
Tratarán sobre contidos prácticos da materia.
Outros Neste apartado se realizará un traballo cooperativo en grupos reducidos (3-5 alumnos/as) sobre diversos contidos relacionados coa materia a proposta do profesor. Ademáis, haberá que expoñelo ao resto de alumnado para a súa comprensión e debate.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000